viernes, 5 de septiembre de 2014

PÁXINA DE INICIO.

Xa estamos dispostos a comezar. A mochila fainos compaña perante todo o periodo escolar, en infantil é pequerrecha, igual ca nós pero, a medida que imos medrando a mochila tamén o fai.
As mochilas que aquí nos acompañan tamén irán medrando paseniñamente, medrarán ao ritmo que vós, alumnos e alumnas do CEIP Anexa de Lugo o vaiais solicitando.
Nestas mochilas cabe de todo, todo o que podades pensar, só tedes que pedir aos vosos profesores  e profesoras o que necesitades nelas e a pouco que insistades e por arte casi de maxia xa haberá unha mochila disposta e portar esos contidos.
Aproveitade e ide clicando nas mochilas desta páxina de inicio que vos irán levando a un mundo interminable.













No hay comentarios:

Publicar un comentario